Tuesday, February 06, 2007

De Tertulia

Pois finalmente acabamos cos nosos novelos no Café Tertulia (porque a última hora quedou libre unha meas grande, que se non...), e desta vez vaia se tecimos!!

Paula empezou a súa bufanda-damero (se todo sae ben, esperamos publica-lo patrón, jejejeje...), Álex a súa chaqueta de Katia cunha lá peludiña e moi, moi suave, e as calcetineras seguimos cos calcetíns.

Nati veu a mirar e latricar nada máis, pero a curiosidadepicoulle moito... En nada témola tecendo unha bufanda, xa veredes.

Pero como non só de calcetar vive a nosa tertulia, enterámonos de cousas importantes: hai agullas circulares nos chinos!!!

(La traducción, dentro de un rato, que la Terremota me reclama)

2 Comments:

Blogger Nativi said...

ums o de latricar non sei como tomalo, tendo en conta q era a 1ª vez q vos fun a amenizar a velada...

5:05 AM  
Blogger Maxiavida said...

tés razón, mellor "parolar"... Cando Xiana anda por aquí, déixame sen palabras...

5:41 AM  

Post a Comment

<< Home