Monday, March 05, 2007

Itinerancias...

Esta vez fomos a unha cafetería que non sabemos cómo se chama... Eso si, estivemos de marabilla e, por primeira vez desde hai moito ESTABAMOS TODAS!!! Unha gozada, non parabamos de rir entre ocurrencias dunhas e outras. E desta vez temos moitas fotos, xa as veredes.

Eviña rematou ante os nosos ollos a súa loooooooonga bufanda, que xa estreou en canto saiu das agullas. Agora anda na procura doutro proxecto (propostas non lle faltaron, hehehehehe).


Álex non trouxera o labor, pero trouxo cotilleos en cantidade e fíxonos rir a cachón, a pesar de que anda medio amolada de saúde (a ver se nesta semana se recupera ben)

Fivi empezou o dianteiro do seu xersei rosa; xa ten decidido que o escote será de pico e estamos desexando velo rematado, porque pinta moi ben, moi ben.

Pauliña deulle un bo avance á súa "prenda misteriosa" que probablemente acabe sendo un chaleque cisne (non sei cómo se chamaría, pero a idea é esa).



María xa dera a volta do talón e estivo recollendo os puntos... ¡Superada a parte difícil do calcetín!

E eu levei a falling water scarf, que me dá moito gusto tecer co seu calado tan sinxelo...


Esta vez fuimos a una cafetería que no sabemos cómo se llama... Eso si, estuvimos de maravilla y, por primera vez desde hace mucho ESTÁBAMOS TODAS!!! Una gozada, no parábamos de reír entre ocurrencias de unas y otras. Y esta vez tenemos muchas fotos!

Eviña remató ante nuestros ojos su laaaaaarga bufanda, queya estrenó en cuanto salió de las agujas. Ahora anda en busca de otro proyecto (propuestas no le faltaron, jejejejejejeje).

Álex no había traído la labor, pero trajo cotilleos en cantidad y nos hizo reír a carcajadas, a pesar de que anda medio fastidiada de salud(a ver si en esta semana se recupera bien)

Fivi empezó el delantero de su jersey rosa; ya ha decidido que el escote será de pico y estamos deseando verlo acabado , porque pinta muy bien, muy bien.

Pauliña le dio un buen avance a su "prenda misteriosa" que probablemente acabe siendo un chaleco cisne (no sé cómo se llamaría, pero la idea es esa).

María ya había dado la volta del talón y estuvo recogiendo los puntos... ¡Superada la parte difícil del calcetín!

Y yo llevé la falling water scarf, que me da mucho gusto tejer con su calado tan sencillo...

0 Comments:

Post a Comment

<< Home